Descenden os casos activos na área sanitaria

314

A área sanitaria compostelá rexistra hoxe catro casos menos de COVID-19 que onte, situándose nos 1.025. Unha das noticias máis esperanzadoras das últimas horas foi a curación dunha muller de 100 anos ingresada no centro La Rosaleda, onde fora trasladada dende a residencia DomusVi San Lázaro hai case un mes.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.085. A área da Coruña segue a ser en termos absolutos a máis afectada da comunidade con 1.332. As que presentan máis casos activos logo desta son Ourense, con 1.203, e Vigo, con 1.089. A de Santiago, na que se integra Ames, sitúase de cuarta cos 1.205 casos actuais logo do leve descenso. Lugo ten 592 casos activos, e Pontevedra 501 por 343 de Ferrol. Por proporción de habitantes, a área máis prexudicada en Galicia segue a ser a ourensá.

Do total de pacientes actuais, hai preto de 800 hospitalizados, con 123 deles na UCI. Outros 5.284 pacientes atópanse no domicilio. Houbo ata hoxe 1.383 altas e morreron 405 persoas. O 45% das mortes producíronse entre usuarios e persoal de residencias de maiores e persoas dependentes. O número de probas realizadas é de 53.829.