Éxito de participación no Día da Bici en Bertamiráns

542

O Concello de Ames celebrou este domingo, 11 de xuño, a décimo primeira edición do Día da Bici. Esta actividade espertou un gran interese entre a veciñanza amesá e dende o departamento de Deportes calculan que participaron arredor de 120 persoas. Realizouse unha ruta pola contorna de Bertamiráns completando un circuíto urbano de 8 quilómetros de distancia.

Está actividade estivo dirixida a calquera persoa maior de 8 anos de idade. O percorrido, de 8 quilómetros, foi deseñado polas rúas de Bertamiráns. A organización deseñou un itinerario fácil e de dificultade baixa, cunha duración aproximada dunha hora.

Ás 10:00 horas un grupo de ciclistas saíu en bicicleta dende a Casa da Cultura do Milladoiro cara Bertamiráns. A continuación, ás 10:45 horas, os participantes concentráronse no lugar de saída. Ás 11:00 horas, os ciclistas participantes saíron dende os arredores do centro deportivo A Telleira, en Bertamiráns.