Fronte común das asociacións veciñais co Concello para reclamar máis frecuencias da liña Extramundi-Santiago

194
Protesta da veciñanza de Bugallido
Protesta da veciñanza de Bugallido

O Concello de Ames e os representantes das parroquias de Ortoño, Bugallido e Biduido asinaron un acordo para remitir á Dirección Xeral de Mobilidade, despois da xuntanza mantida o mércores 13 de outubro. Con este acordo unánime, solicitan á Dirección Xeral de Mobilidade a ampliación das frecuencias da liña Extramundi-Santiago con celeridade, estudando a proposta a tal efecto do Goberno local. Todos os reunidos consideraron que a proposta municipal é a máis sinxela e simple de implementar “se existe vontade real por parte da Xunta de Galicia”, e que resolvería nun prazo breve de tempo o problema existente.

Dende o Concello e asociacións, igualmente, lembraron que o Anexo ao Plan de Transporte Público de Galicia impulsado pola propia Dirección Xeral de Mobilidade se aposta pola mellora do servizo de transporte público como medida de asentamento de poboación no rural. Demandan que “se obre conforme” a estas afirmacións.