Haberá 228 cacharelas privadas esta noite de San Xoán

231

Ata 228 persoas organizarán cacharelas privadas en terreos particulares esta noite de San Xoán en Ames. A pandemia do Covid-19 limita este ano a realización das fogueiras e sardiñadas ao ámbito privado. Co gallo de priorizar a seguridade e a protección da saúde pública, recoméndase asemade que as xuntanzas non superen as 25 persoas. O Concello insiste na necesidade de respectar a distancia interpersoal de metro e medio e no uso das máscaras cando non se cumpra esta medida.

Este ano solicitáronse 236 permisos. Autorizáronse 228. 8 foron denegados porque as solicitudes eran para espazos públicos ou foran presentadas fora de prazo. Ames é a parroquia onde máis cacharelas arderán esta noite despois de que se pedisen 45 permisos. Séguenlle as parroquias de Ortoño e Biduído con 39 peticións e Bugallido con 38. A parroquia de Covas solicitou permiso para 25 cacharelas, A Ameixenda para 16, Agrón para 12 e Piñeiro para 4. As parroquias de Lens e de Tapia solicitaron un permiso cada unha delas.