Os alfombristas de Ames compartiron a súa arte online

400

A Asociación Cultural San Xoanciño de Alfombristas de Ames e as asociacións alfombristas de Galicia sumáronse ao “Momento de Solidariedade”, unha iniciativa social e artística ante a situación de confinamento en moitos países do mundo. Máis de 20 alfombristas galegos, xunto a case un centenar de todo o mundo, participaron neste proxecto no que a asociación de Ames elaborou unha alfombra para expresar na súa arte os sentimentos que desexa compartir co colectivo e coa sociedade.

O proxecto foi dedicado a todas as persoas que realizan labores esenciais a prol da comunidade, ás familias que perderon algún ser querido a causa desta enfermidade, aos enfermos, aos anciáns que sofren de soidade nas súas casas e aos alfombristas do mundo.

Baixo o lema “Dende lonxe, unidos no corazón”, estes proxectos expresan proximidade e unha aperta solidaria para o mundo. Con todos os traballos, a Coordinadora Internacional elaborou un vídeo que se pode ver aquí.