O Partido Popular recrimina a actitude dos Socialistas de Ames no último pleno

A moción de urxencia, presentada polo Partido Popular de Ames, abriu outra brecha máis entre a dereita e a esquerda da corporación municipal.

529

Populares consideran inadmisible a postura adquirida polo PSdeG-PSOE de Ames

O pleno ordinario, celebrado onte ás 20:30, presentábase tranquilo polos temas levados polo Goberno. A paz durou pouco tempo xa que unha moción de urxencia, presentada polo Partido Popular de Ames, abriu outra brecha máis entre a dereita e a esquerda da corporación municipal. O asunto a debater era solicitar a liberación de presos políticos e a restitución das competencias da Asamblea Nacional de Venezuela.

No seu momento, os grupos políticos acordaron verbalmente votar favorablemente á urxencia de todas as mocións que se presentasen no pleno polo procedemento de urxencia. Sen embargo, nesta ocasión os Socialistas de Ames abstivéronse nesa votación que finalmente saiu adiante. Os Populares consideran inadmisible a postura adquirida polo PSdeG-PSOE de Ames e recordan que “non é a primeira vez que PSOE cambia de criterio en asuntos relevantes”.

Ao final, a moción quedou rexeitada pese aos votos favorables do PP, PxA e o concelleiro non adscrito.