A Asociación de Empresarios do Parque Empresarial de O Milladoiro convoca o IV Certame de Fotográfico

605

O posicionamiento estratéxico das firmas do Parque Empresarial de O Milladoiro fai que o modelo de negocio establecido requira de accións destinadas a difusión mediática

Asociación de Empresarios do Parque Empresarial de O Milladoiro retoma a iniciativa de realizar o certame de fotografía do Parque Empresarial do Milladoiro  polo que dende hoxe e ate o 6 de novembro do 2017 se poderán enviar as fotografías para participar neste concurso, que ano a ano vai gañando máis adeptos.

Coñecendo o valor que ten unha imaxe pero, sobre todo, sendo conscientes do valor que posee a imaxe para a empresa, a súa marca ou producto, a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro (AEPEM) non cesa no empeño de poñer ó servicio do colectivo de empresas da zona as distintas formas de promoción comercial que se comprometen co prestixio da zona, para conseguir que as súas instalacións, productos, servicios e equipo humán sexa atractivo para os seus clientes.

Unha das principais características que debe ter calquer empresa é un carácter diferencial respecto ás súas competidoras. O posicionamiento estratéxico das firmas do Parque Empresarial de O Milladoiro fai que o modelo de negocio establecido requira de accións destinadas a difusión mediática.

Neste certame pode participar toda aquela persoa aficionada a este arte

Esta é a razón básica pola que a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial de O Milladoiro (AEPEM) optou por organizar un certame fotográfico, considerándoo a mellor forma de proxección do parque empresarial e o seu entorno, o xeito idóneo para dar a coñecer as empresas que aquí se ubican e a zona donde novos profesionais poderán establecer o seu negocio.

Neste certame pode participar toda aquela persoa aficionada a este arte. Simplemente debe enviar unha fotografía (A imaxe  debe estar tomada dentro do ámbito do parque empresarial de O Milladoiro), o título da mesma, e, os datos persoais do autor a dirección de e-mail: certamefotografico@aenovomilladoiro.com.

Será a propia Asociación a que se encargue da impresión e realizar a exposición na Casa de Cultura de O Milladoiro, donde se poderán ver dende o 24 de novembro ate o 29 de decembro de 2017. A gala de entrega de premios terá lugar na mesma Casa de cultua desta localidade, o venres, 22 de decembro de 2016.