O Centro de Saúde de Milladoiro xa é unha realidade nos planos

720

Miñones destacou que “dende que entramos ao Goberno unha das nosas prioridades era facer realidade este proxecto”

Os membros de tripartito do Goberno local trasladáronse ao Milladoiro para presentar ante os medios de comunicación os planos do futuro Centro de Saúde de Milladoiro. Despois de anos reclamando este centro para os veciños e veciñas da localidade parece que hoxe está máis cerca que nunca e podera converterse nunha realidade nun plazo de seis meses, cando comecen as obras despois da licitación.

Dous millóns de euros serán invertidos neste centro sanitario con máis de 1.600 metros cadrados de superficie e cunha execución como máximo de 17 meses. O alcalde, José Miñones, confía que este tempo se vexa reducido en 12 meses. O centro non contará con aparcadoiro propio pero os arredores da casa da cultura ou da Travesía do Porto adaptarase para facer plazas de aparcamento na zona polo que o concello executará as obras correspondentes no seu momento.

O edificio contará cunha soa planta cunha entrada principal que dará cabida a servizos como odontoloxía, hixienista dental, fisioterapeuta, enfermaría ou medicia xeral. O centro contará con moitos máis profesionais para atender as demandas da poboación do Milladoiro.

Detrás do centro de saúde, o Concello fará unha praza na que se construirá un local de usos múltiples para todos os veciños e veciñas da zona. O Goberno quere que esta nova zona sexa un punto neurálxico da localidade facendo que se poidan ter novos espazos e locais de uso público.

Miñones destacou que “dende que entramos ao Goberno unha das nosas prioridades era facer realidade este proxecto. Agora podémolo ver en papel e dentro de moi pouco xa será posible velo en persoa”. Ademáis, o concelleiro de Obras, Blas Garcia, agradeceu aos técnicos municipais e ao propietario da parcela para facer que este proxecto saira adiante pese aos diversos problemas que foron xurdindo.