Comeza o proceso de contratación das obras de ampliación do Pavillón do Milladoiro

A Xunta de Goberno Local acaba de aprobar o expediente de contratación da obra de ampliación do pavillón municipal de deportes do Milladoiro.

543

O proxecto recolle a ampliación en 180 metros cadrados do pavillón do Milladoiro co obxectivo de executar unha nova sala-ximnasio.

A Xunta de Goberno Local acaba de aprobar o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, cun único criterio de adxudicación (factor prezo), e con tramitación ordinaria, da obra de ampliación do pavillón municipal de deportes do Milladoiro. Este proxecto recolle a ampliación en 180 metros cadrados do pavillón do Milladoiro co obxectivo de executar unha nova sala-ximnasio, que ten un custe de 81.831,02 euros.

Este proxecto recolle a ampliación en 180 metros cadrados do pavillón do Milladoiro co obxectivo de executar unha nova sala-ximnasio, que ten un custe de 81.831,02 euros. Para elo, a Deputación da Coruña achegará 65.464,82 euros a través dunha subvención nominativa para financiar o 80% das actuacións contidas no proxecto técnico da obra de ampliación. O Concello asumirá o custe restante, que representa o 20%, e que son 16.366,20 euros.

Miñones explicou que “a mellora das instalacións deportivas é unha prioridade para este goberno ante o escaso investimento realizado en anteriores anualidades. Grazas a axuda económica que nos vai achegar a Deputación poderanse mellorar os servizos ofertados no no Milladoiro. Ademais, permitirá dispor dun novo espazo nesta infraestrutura para realizar novas actividades”.

Melloras no Pavillón de Bertamiráns

Por outra banda, dende a Concellaría de Deportes teñen previsto realizar outras actuacións no pavillón de Bertamiráns como son cambiar o pavimento desta instalación, con cargo ao plan complementario do plan provincial de acción social (PAS), para o que se está acelerando a tramitación administrativa de cara a chegar á nova tempada co novo chan instalado, así como a construción dunha pista de squash e sala multiusos con fondos propios.