Daniel Cariñena, do MillaRaio, oitavo en salto de lonxitude no Campionato sub18 español

176

O atleta amesán Daniel Cariñena, pertencente ao Club Atletismo MillaRaio, acadou a oitva posición na proba de salto de lonxitude dentro do Campionato de España sub18 ao aire libre. O seu resultado, de 6,66 metros, supuxo unha mellora da súa propia marca e rubricou unha tempada de alto rendemento.

O atleta, nado en 2005, febreiro, é dende febreiro campión galego sub18 de pista cuberta en salto de lonxitude, cunha marca de 6,75 metros. Abriu a tempada nacional o pasado mes de marzo, cando estivo no campionato de España sub18 en pista cuberta de Valencia. Alí rematou undécimo no salto de lonxitude, cun mellor salto de 6,43 metros, resultado de molestias físicas.

Ademais, tamén participou o 4 de xuño coa selección galega no campionato de España sub18 de Federacións Autonómicas, competindo na proba de salto de lonxitude e nas remudas 4x100m.