Detido un empresario en Santiago polo roubo de 2 millóns de mascarillas

371

Axentes da Policía Autonómica veñen de deter a un empresario en Santiago, do que non se dan máis datos, pola súa presunta implicación no roubo de 2 millóns de mascarillas dunha nave no polígono do Tambre. As mascarillas pertencían a unha empresa en situación de concurso de acreedores e o seu valor estímase en 5 millóns de euros. O roubo tería sido realizado coa situación de crise sanitaria xa comezada.

A Policía revisou as cámaras de seguridade e procedeu ao interrogatorio de posibles testemuñas. Deste xeito foi identificado o empresario detido esta mañá, que tería sido identificado na zona do roubo. A liña de investigación apunta a Portugal como destino último das mascarillas, para a súa venda. A Policía xa solicitou a colaboración dos seus homólogos portugueses.

O roubo incluíu, ademais de mascarillas, outro tipo de produtos sanitarios especialmente indicados para a situación de crise. A persoa detida está a disposición xudicial agora mesmo.