Hoxe venres, ás 21:00h. despega a 12edición do MILLA rock

124

O festival MILLA rock, que se vai celebrar este venres, 30 de xuño, a partir das 21.00 horas no aparcadoiro da Travesía do Porto, que está situado en fronte á EEI do Milladoiro. O evento conta coa colaboración da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia. Ás 21.00 horas, Fillas de Cassandra abrirán o festival; ás 22.15 horas sairán ao escenario Las Ninyas del Corro; ás 23.30h será a quenda da Banda da Loba; e ás 00.45 horas pechará o festival Eladio y los Seres Queridos. A actuación de cada un dos grupos terá unha duración aproximada dunha hora.  A entrada será libre e de balde. Haberá servizo de autobús: ida e volta dende Bertamiráns (Pazo da Peregrina) e volta a Santiago de Compostela (rúa da Rosa).