MIÑONES SE DESCARTA PARA LIDERAR O PSdeG

José Miónes argumenta que xa ten un compromiso co Concello que vai cumprir e que un goberno en minoría é incompatible con ir a unhas primarias.

673

O alcalde socialista argumenta que xa ten un compromiso co Concello que vai cumprir e que un goberno en minoría é incompatible con ir a unhas primarias

O alcalde fixo estas declaracións na visita realizada xunto co Portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, á Parroquia de Piñeiro, onde o Concello de Ames encetou este inverno o seu Plan Municipal de Prevención de Incendios mediante a plantación de especies frondosas e de froito arredor do núcleo habitado co fin de cumprir coa lexislación en materia de prevención.

“Xa o dixen en varias ocasións, teño un compromiso con Ames moi importante, estamos tres grupos e gobernamos en minoría e isto xa de por sí é un traballo longo e difícil”, dixo xustificando a súa renuncia a presentarse á candidatura da Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE.

LEICEAGA AGARDA A QUE A XESTORA CONVOQUE

“Imos permitir que a xestora tome as decisións convenientes e marque o calendario”, argumentou o Portavoz do Grupo Parlamentario Socialista na Cámara autonómica. Leiceaga está na lista de posibles candidatos ás primarias dos socialistas galegos para escoller ao Secretario Xeral. Unha lista na que en un principio tamén se contaba co alcalde de Ames, pero Miñones saíu inmediatamente ao paso para desmentir tal extremo.