Moncho “La Amenaza” Mirás volve a conquistar o Campionato de España

Moncho "La Amenza" Mirás volve a revalidar o seu título de Campión de España de Boxeo na modalidade de peso galo.

754

Mirás enfrentouse contra Moumen Mahdaj con 1200 espectadores sendo testigos do asalto

O sábado foi un día de algarabía para todos os amesáns xa que Moncho “La Amenza” Mirás volve a revalidar o seu título de Campión de España de Boxeo na modalidade de peso galo. O Multiusos Fontes do Sar reuniu unha gran cantidade  de público que estaba desexoso de que Mirás volver a conquistar o cinturón no xa é a súa terceira vez.

O clube amesán Abuelo Box participou nesta xornada cos combatentes Sergio Varela no peso welter con que resultou gañador, Remiro Brey “Repo” que gañou na categoría de 81 quilos, Óscar Blanco “Rubio” no que gañou nun combate igualadísimo e por suposto, Moncho “La Amenaza” Mirás.

Mirás enfrentouse contra Moumen Mahdaj con 1200 espectadores sendo testigos do asalto. O inicio do combate, Moncho impuxo o seu ritmo e demostrando a súa calidade como boxeador. Transcurrían os asaltos e Moncho seguiu dominando a contenda no que resultou gañador absoluto e revalidando o seu título.

Ao finalizar, “La Amenaza” adicou a súa vitoria a Saúl Tejada, púxil fronte ao cal conquistou o seu primeiro cinturón e que tras o combate tivo que ser hospitalizado por un derrame cerebral e que na actualidade segue en proceso de recuperación.