O Bloque completa a lista electoral coa que concorrerá ás eleccións en Ames

244

O BNG de AMES vén de completar a lista coa que concorrerá ás próximas eleccións autonómicas do 28 de maio, que encabeza o actual tenente de alcalde, David Santomil, acompañado de 21 veciños e veciñas que son “fiel reflexo da sociedade amesá”. Así o comunicou a organización nacionalista nun comunicado de prensa difundido esta mañá.

David Santomil asegura que se trata dunha “dunha lista equilibrada, con representación dos diferentes sectores, idades e ámbitos territoriais”, e constitúe “unha candidatura que sae gañar”. Esperanzado, o actual tenente de alcalde considera que se dan as condicións para que Ames teña un alcalde nacionalista.

Porén, o candidato tamén recoñece que ” a actual coxuntura política a nivel estatal pode condicionar a campaña e os resultados”, a pesar do cal “é o momento” do BNG en Ames e en Galicia. Santomil considera que a súa é a “alternativa de esquerda” que evite un goberno do Partido Popular.

Presentación da lista
Na candidatura salienta que recuncan as actuais concelleiras de Cultura e Comunicación, Natividade González, e de Lingua e Mocidade, Escarlata Pampín. Irán nos postos 2 e 3, como xa se adiantara o pasado mes de febreiro xunto cos 11 primeiros membros da candidatura.

“Solvencia, experiencia, mocidade e preparación” son algunhas das “fortalezas” que Santomil identifica nun equipo variado que se presentará nun acto público en breve. A lista intégrana, lembrna dende o Bloque, persoas que proveñen do sector sanitario, educativo,empresarial, traballador autónomo ou da mocidade.