Ana Coto, número 2 na lista do PP de Ames

322

O Partido Popular presentou hoxe unha nova incorporación á súa candidatura para as eleccións municipais do vindeiro 28 de maio. A lista encabezada por Oliva Agra levará de número 2 a Ana Coto. A lista presentarase na súa totalidade o mércores 19 de abril no Pazo da Peregrina, nun acto que dará comezo ás oito e media da tarde.

Ana Coto naceu na Estrada hai 54 anos, pero residente dende o ano 2000 en Bertamiráns. Casada e cun fillo, traballa dende hai 27 anos na Xunta de Galicia, desenvolvendo hoxe en día a súa acvtividade profesional na asesoría xurídica do Sergas. Ademais, preside a Asociación Sociocultural Mulleres de San Xoán de Ortoño desde 2014. Tamén ocupa, dende 2017, o posto de secretaria da Asociación de Veciños de San Xoán de Ortoño.

A popular xa estivo na anterior lista electoral, encabezada por Ramon Argibay. Para a candidata á alcaldía, Oliva Agra, Ana Coto é “unha muller moi traballadora, comprometida cos veciños e coñecedora como poucos tanto das necesidades do mundo rural como de Bertamiráns”. Amosa a súa satisfacción e considera “unha gran sorte poder contar con ela”.

A portavoz de PP na Corporación e candidata popular confesa que “2estamos a elaborar unha gran lista de candidatos con distintos perfís que representan a realidade do que é o noso Concello”. Asegura que a súa candidatura “aspira a gobernar pensando sempre nos veciños e poñendo Ames por diante de todo”.