Os Populares esperan que Miñones aprobe o inventario municipal antes de finalizar o mandato

500

Segundo os populares, consideran que “non é admisimible alegar moita carga de traballo”

O Partido Popular espera que o alcalde, José Miñones, cumpra co anuncio de levar ao pleno a aprobación do inventario municipal xunto cos novos bens incorporados dende 2012 e actualizando a información dos xa existentes.

Segundo os populares, consideran que “non é admisimible alegar moita carga de traballo” e  recordan ao alcalde que “deixe de mirar á oposición e se adique a gobernar xa que buscar á inoperancia de un mesmo no que se fixo ou o que deixou de facer por outros é non asumir as responsabildades que se teñen cando se goberna, pero o tripartito está máis preocupado polo mensaxe que polo traballo”.

Rematan os de Oliva Agra mencionando que Miñones insinúa polas redes sociais que o voto contrario do Partido Popular na RTP impideu finalizar o traballo feito ou dicir que están en contra da reinversión do superávit municipal cando eles especifican que non se pode reinvertir porque non está pechado o exercicio económico do 2016.