O PP de Ames denuncia a política de accesibilidade do Goberno

Segundo os Populares o tripartito "parece descoñecer o primeiro principio de accesibilidade: o que non é seguro non é accesible".

760
baldosas-bertamiráns-accesibilidade

Recordan que a prometida reorganización das prazas de estacionamento para as persoas con mobilidade reducida non se está a contemplar

O Partido Popular de Ames ven de denunciar a política de accesibilidade do actual Goberno que rixe o Concello. Din que o Tripartito “empéñase en negar a evidencia e sempre parecen ter unha xustifiación para todas as situacións que os veciños denuncian; ao tempo que anuncian obras de accesibilidade”.

A postura que defenden os populares é apoiar, en todo momento, calquera iniciativa que axude a salvar os obstáculos paras as peroas con problemas de mobilidade. Afirman que o Goberno “non está afrontando satisfatoriamente os retos que en materia de accesibilidade se plantexan día a día”.

O Goberno municipal promove actuacións de accesibilidade relevante como as anunciadas na Casa do Concello e nas oficinas municipais de O Milladoiro, recentemente licitadas para a súa posta en marcha. Sen embargo, o PP cre que se olvidan de outras actuacións, non tan mediáticas, pero si igual de importantes.

Recordan que a prometida reorganización das prazas de estacionamento para as persoas con mobilidade reducida co obxectivo de colocalas onde é máis necesario non se está a contemplar; ao igual que a anunciada campaña de concienciación para que os veciños e veciñas non empreguen de maneira fraudulenta as tarxetas de estacionamento reservado para as persoas con discapacidade.

Segundo as fotos que amosan na súa nota de prensa, os de Oliva Agra lamentan o estado de conservación e mantemento que presentan as beirarrúas do concello. Un exemplo é na Avenida da Maía, de Bertamiráns. En tan só 50 metro podemos encontrarnos con obstáculos que levan meses sen ser retirados coma baldosas levantadas, rotas, soltas e zonas nas que incluso desapareceron.