Quince días para vivir como a civilización romana

O programa de conciliación Escola de Verán comezou esta segunda quincena de xullo unha liña temática baseada na historia da civilización romana.

502

O programa de conciliación Escola de Verán comezou esta segunda quincena de xullo unha liña temática baseada na historia da civilización romana

Se nos primeiros quince días de xullo, as nenas e nenos usuarios da Escola de Verán coñeceron a historia da cultura celta, durante esta última quincena achegaranse á civilización romana a través de xogos, contos e outras actividades. Nestes dous meses, pasarán pola Escola de Verán, organizada pola empresa Ágora Aberta, 356 rapazas e rapaces. Serán, 194 pequenas e pequenos no Milladoiro e 162 en Bertamiráns.

O programa de conciliación Escola de Verán comezou esta segunda quincena de xullo unha liña temática baseada na historia da civilización romana. Así, ao longo destes quince días, as nenas e nenos participantes afondarán nesta etapa da historia a través de xogos, contos e outras actividades. Ademais, a cultura romana será presentada mediante diferentes personaxes que mostrarán ás nenas e nenos cuestións como os modos de vida da época ou o rol desempeñado polas mulleres. Alén diso, e de xeito transversal, tamén se traballarán aspectos como a igualdade de xénero, a educación emocional ou a animación á lectura.

O obxectivo é combinar a aprendizaxe co lúdico, tentando que as nenas e os nenos aprendan sobre esta cultura ao mesmo tempo que se divirten.

Unha das cuestións chave no achegamento da cultura romana ás nenas e nenos é o feito de que os romanos eran un pobo que xogaba. Facíano na casa, na rúa, no foro ou mesmo cando ían de viaxe levando consigo dados, chucas ou taboleiros de xogo. Ademais, cabe destacar que moitos dos xogos romanos aínda continúan vixentes na actualidade, malia que estes presenten algunhas variantes con respecto aos orixinais.

Entre as actividades temáticas que se levarán a cabo destacan a realización dun mosaico romano, a romanización dun castro en 3D, unha obra de teatro romano e máis un circo romano. De igual maneira, tamén se visualizará algún filme relativo a este período da historia e repetirase o BertaChef, un obradoiro de cociña con apócemas romanas incluídas. O obxectivo é combinar a aprendizaxe co lúdico, tentando que as nenas e os nenos aprendan sobre esta cultura ao mesmo tempo que se divirten.