Reunión da Xunta cos alcaldes dos municipios afectados pola vertedura no Tambre

255
17,00 h.- A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e coa directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, reunirase co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e cos rexedores de Ames e de Brión, José Blas García e Pablo Lago, respectivamente, para abordar a situación do vertido no río Tambre. Na sala de xuntas da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. foto xoán crespo 13/09/2021

O alcalde, Blas García, asistiu onte á reunión convocada pola Xunta de Galicia para tratar a crise da vertedura no Tambre. Na xuntanza estiveron tamén a conselleira de Infraestructuras e Mobilidade, Ethel Vázquez; a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez; o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor; o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé sánchez Bugallo e mais o alcalde Brión, Pablo Lago. A Xunta informou aos rexedores da estabilización dos parámetros das augas no río e dos traballos que continúan a realizar na obra.

No punto do vertido estase a frear o xurro mediante gabias de contención de 150 metros lineais con alpacas de gran tamaño e con sepiolita, que absorben o material contaminante e evitan as infiltracións. Ademais, nas marxes do regato de Portaferreiros, o afluente do río Tambre afectado polo vertido, habilitáronse balsas de retención que se drenan para retirar a continuación o material sólido. Máis de 15 persoas de Augas de Galicia traballan con apoio de retroexcavadoras sobre o terreo, onde tamén está mobilizado persoal do Concello de Trazo.

Blas García aproveitou a ocasión para trasladar o seu malestar pola falta de comunicación por parte da Xunta. Segundo García este é un problema que lle afecta tanto á administración local como á autonómica, de aí a importancia de traballar coordinados e unir esforzos.

A Xunta comprometeuse a tomar medidas conxuntas e a manter informadas ás partes implicadas para que en caso de que xorda algún problema os Concellos estean preparados e poidan reaccionar canto antes. As distintas administracións acordaron seguir en contacto e vendo como evoluciona a situación.