Segue freándose o contaxio de COVID-19

265

Galicia rexistra, segundo datos da Xunta, 5.973 casos de COVID-19 ata agora, o que supón 34 máis ca onte. Desde que comezou o mes de abril houbo case 2000 novos contaxios, pero a maioría deles se concentran nos primeiros sete días do do mes, con arredor de 1400, que baixaron a algo máis de 500 na semana que seguiu. Na área sanitaria compostelá son 1.007 os casos actuais, só 6 máis ca onte. 

Os datos desglosados por áreas sanitarias da Xunta indican que a da Coruña -1.271 casos activos- segue a ser a área máis afectada en Galicia, seguida pola de Ourense -que, con 1.187, é a que presenta en termos relativos os peores datos da comunidade-, a de Vigo -1.077 casos-, a de Santiago, a de Lugo -590-, a de Pontevedra -504- e a de Ferrol -337-. Do total de pacientes positivos, 133 permanecen en UCI, 733 están en unidades de hospitalización e 5.107 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.240 altas de pacientes e 384 mortes. Un dos últimos falecementos foi o dun home de 55 anos de idade en Santiago. 


O número de PCR realizadas é de 48.337.