Ames súmase á XVI limpeza simultánea de ríos

136
Foto: Proxecto Ríos
Foto: Proxecto Ríos

O Concello de Ames participa un ano máis na iniciativa “Móllate polos ríos” da asociación ecoloxista ADEGA. Celebrarase o domingo 24 de setembro a partir das 10:30h en toda Galicia. En Ames, actuarase nos regos do Ameneiral e Pasos. Para inscribirse nesta actividade hai que enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

O concelleiro de Xestión do Medio Natural, Javier Antelo, explica que debido a que “a auga é o ben máis prezado que temos, estas limpezas son de máxima importancia e é vital implicar aos máis novos para inculcar esta cultura de conservación do medio”.

Está previsto que as labores de limpeza rematen arredor das 13:00 horas. Ao rematar, as persoas participantes reuniranse de novo na praza do Concello para avaliar a natureza e quilos de lixo recollidos. Todos os residuos irán aos contedores axeitados. Os datos valeranlle a ADEGA para radografar o estado dos ríos galegos.

Dende o departamento de Medio Ambiente recoméndase levar calzado e roupa resistente, así como luvas, para evitar facer feridas con botellas rotas ou outros obxectos.