Comezan as obras en camiños da Ameixenda, Ames e Covas

A obras serán sufragadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e foron aprobadas no último pleno por unanimidade.

627

A obras serán sufragadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e foron aprobadas no último pleno por unanimidade

O investimento para a mellora dos tres camiños chega a Ames a través do programa de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), con cargo ao plan de mellora de camiños municipais 2017-2018 que fai unha achega de 43.182. euros. O Concello de Ames asume os 9.068,22 euros correspondentes do IVE. .

O proxecto técnico destas obras, realizado polo enxeñeiro de camiños D. Julio C. Rojo Martínez, foi aprobado por unanimidade no último pleno municipal, logo de que o goberno o presentara como moción pola vía de urxencia e o concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, Blas García, expuxera os motivos da súa inclusión na orde do día.

“Resaltamos a aposta que este goberno realiza pola mellora do rural; en concreto estes tres camiños estaban en mal estado e necesitaban ser pavimentados con urxencia”, manifesta o concelleiro Blas García. García expresa ademais a disconformidade do goberno de Ames con este plan da Xunta porque reduciu considerablemente a cantidade que lle viña dando aos concellos para este tipo de programas “no noso caso pasamos de recibir 60.000 euros o ano pasado a ter pouco máis de 40.000 euros para dos anos”.