O presidente provincial do PP fixo campaña pola reelección en Ames

259

O presidente provincial do Partido Popular da Coruña e candidato á reelección no 16 Congreso Provincial o día 25 de setembro, Diego Calvo, pechou estes días a campaña interna de presentación do seu programa de cara aos próximo anos. Durante a mesma levou a cabo unha serie de encontros por diversos puntos da provincia, entre os que se atopou Ames, ademais de Santiago, a Coruña, Carballo, Noia ou Narón. Nestas xuntanzas estiveron presentes portavoces e concelleiros do Partido Popular, así como afiliados e simpatizantes

“Nestes momentos de incertezas, de crisis sanitaria e de crisis económica, o que esperan de nós os cidadáns é que lles deamos solucións aos seus problemas; nada máis e nada menos. Temos que ser quen de adiantarnos a situacións problemáticas”, puntualizou Diego Calvo.

O 16 Congreso Provincial celebrarase o sábado 25 de setembro na Coruña.